RAÚL E O ABELLÓN
Un neno chamado Raúl cazou un abellón e levouno á nosa escola. Antes de que tocase para entrar, Raúl ensinounos o abellón . De súpeto, o abellón escapou! Daquela, Raúl, buscou e buscou pero non o encontrou.
O abellón estaba nun agocho debaixo da terra e foi chamar ás formigas. Viñeron todas ao colexio. O abellón díxolle a Raúl:
- Como te atreves a capturarme?
- Podes falar? Non sabía iso!- respondeu Raúl.
- Pois si. Podo falar. Sorprendícheste? Pois non te sorprendas tanto, que traio o exército formiga. Atacadeee!
Así, o abellón apoderouse da clase de terceiro. Mentras todos os compañeiros loitaban contra as formigas, Raúl púxose a comer lambetadas e caéronlle unha poucas ao chan.
O abellón exclamou:
- Alto! Mirade o que hai! Lambetadas!
As formigas colléronas todas e leváronas ao formigueiro. Alí fixeron unha festa e invitaron ao abellón.
Raúl aprendiu que non se deben cazar insectos.
Marco Méndez
A ABELLA ROSIÑA
Esta é a historia dunha abella que lle vou chamar Rosiña.
Rosiña non obedecía moito a súa nai. Era noviña e quería ver mundo.
Un día escapou da colmea e comezou a voar de flor en flor. Todo lle parecía moi bonito e estaba moi leda. Pero de súpeto, apareceu un paxariño que case a come; escapou de milagre. Quería volver para a casa, pero non se acordaba por onde ir.
Rosiña estaba moi triste, case choraba. Menos mal que que apareceu outra abella da colmea veciña que a viu tan perdida que a levou para a casa. Desde ese día non volveu a escapar ela soíña ata que medrou.
Cando foi adulta, Rosiña chegou a ser unha gran fabricadora de mel.
Xavi Parente
O ABELLÓN
Un día, un neno chamado Raúl pillou un abellón e tróuxoo ao noso colexio metido nunha caixa.
O abellón, que pensaba que ía morrer, dixo:
- Raúl, picareite.
- Pero se te libero, non me picarás, verdade?- contestou Raúl.
- A ti non te picarei, pero aos demais si –dixo o abellón.
- Vale, espera. Dixeches que ías picar aos demais?
- Si. Paréceme que me meterei na mochila de Nuria-responde o abellón.
- E ti como sabes o seu nome?-preguntou Raúl.
- Porque mo dixo cando eu estaba dentro da caixiña.
Raúl abriu a caixa e o abellón escapou e metiuse na mochila de Nuria.
Cando Nuria chegou á casa e ía facer os deberes, o abellón intentou picala pero Nuria escapou e foi chamar ao seu pai.
O pai, atrapouno e dixo:
- Nuria, de onde saíu este abellón?
- Non sei. Debiu de ser que, cando Raúl abriu a caixa, o abellón meteuse na miña mochila. Mañá xa llo darei.
Ao día seguinte, Nuria levoulle o bicho a Raúl e explicoulle o que ocorrera.
E así acaba o conto de Raúl e o abellón.
Javi Agrelo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Fai o teu comentario