header-photo

Excursión ás fragas do Río Eume

Os alumnos do 2º e do 3º ciclo de Primaria fixemos un roteiro polas fragas do río Eume. Andamos uns vintecinco minutos por unha estrada estreita e despois atravesamos a ponte colgante. Como arrandeaba! Algún dos nenos tiña moito medo e as profesoras levámolos pola man. Cruzabamos de dez en dez porque era moito pesa para a ponte. Despois percorremos un ou dos kilómetros por un carreiro a carón do río. Paramos nalgún souto e apañamos castañas. Vimos unhas construcións de pedra circulares que se utilizaban antigamente para secar as castaña , porque...sabedes que a castaña era un alimento fundamental en Galicia antes da introdución da pataca? Por iso, nalgúns lugares ás patacas aínda lles chaman castañas.
A comida foi nunha área recreativa, mirando cara o río..... Fixemos moitas fotos !

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario