header-photo

Contos de rapaces

OS PORQUIÑOS AFORTUNADOS

Como todos sabedes, os tres porquiños salváronse do lobo. Pero, xa preto do Nadal, aínda ían correr máis perigos.
Un día, o porquiño máis grande, achegouse á ventá do seu cortello e viu o home falando co matachín. O porquiño, moi asustado, díxolle aos outros:
- Polo Nadal, van facer chourizos con nós.
Os outros responderon:
-Vai ser mellor escapar de aquí!
Outra vez, o porco achegouse á ventá. Escoitou ao matachín que dicía:
- Co máis pequeno faremos morcillas, co mediano faremos chourizos e co grande uns grandes xamóns.
Foille contar aos seus irmáns o que oíu:
- Con nós van facer morcillas, chourizos e xamóns, pero eu teño unha idea… A idea era ir á casa do lobo para que lles axudase. O lobo dixo:
- Eu axudareivos. Pero… que queredes que faga?
- Queremos que asustes ao matachín para que non nos mate! –responderon todos xuntos.
Cando o matachín se dirixía cara o cortello dos porquiño, o lobo achegouse a el e ensinoulle os dentes, pero non se asustou. Entón o lobo ouriñoulle nun pé e ao matachín caeulle a macheta e cortoulle un dedo do pé.
O lobo chegou onda os porquiños e díxolle:
- Misión cumprida!
- Queres pasar o Nadal con nós? –propuxéronlle os porquiños.
- Vale- dixo o lobo
Eles pasaron o Nadal todos xuntos e celebraron que non morreran.
O dono dos porcos tivo que amañarse coa froita que tiña no seu xardín e coas rabizas da horta. Gustoulle tanto esta comida que se volveu vexetariano.
Daniel T.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario