header-photo

Contos de rapaces

O TRASNO ANTÓN

Había unha vez un trasno chamado Antón.
Un día, pola mañá, o trasno foi buscar traballo.
Como era Nadal foi a fábrica de xoguetes.
El preguntoulle a Papá Noel:
-Tes traballo?
- Si, si teño. Por que preguntas iso?
- Quería saber se ti me podías dar un posto aquí.
- Claro que si. Serás axudante meu.
Oooh nooon! Hoxe é o último día para repartir os xoguetes!
Foron rapidamente preparar o trineo e todo o demais.
Ao acabar de preparar todo, puxeron o trineo na
saída. Cando o reloxo marcou as doce arrincaron disparados
coma un cometa e repartiron os regalos nun tris.

ADRIÁN C.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario