header-photo

Contos dos rapaces

Érase unha vez un trasno chamado Tric. O trasno era verde e tiña as unllas longas. Gustáballe vestir pantalón verde, camiseta verde, uns zapatos verdes, un gorro verde e uns calcetíns verdes. El disfrutaba gastando bromas.
Tric quería comprar un coche pero non tiña cartos. Así que decidiu traballar de axudante de Papá Noel.
Cando chegou o Nadal, Tric foi ao taller de Papá Noel e preguntoulle:
- Que fago eu?
- Vaite repartir carbón.-respondeu Papá Noel.
- E canto me vas pagar? -preguntou Tric.
- O suficiente para mercar un coche -dixo Papá Noel.
- Xusto o que eu quería! Parece que ademáis de Papá Noel es adiviño! -exclamou Tric.
- Pois vaia casualidade! Veña, a traballar!
Tric traballou moito durante toda a noite do Nadal, para poder facer realidade o seu soño.
Ao acabar o Nadal, o trasno mercou un coche todo de cor verde e cando andaba nel parecía que o coche ía só. Cando corría por estradas entre os prados, non se vía nada porque era da cor da herba.
E, desde aquel ano, Papá Noel sempre quería que Tric repartise os regalos no seu coche camuflado.
Autor: Daniel R.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario