header-photo

O soldado Andrés

CONTO TRISTE DE NADAL: O SOLDADO ANDRÉS
Conto realista
1º Parte
Andrés era un soldado destinado en Afganistán, nunha misión internacional.
Un día, ía cunha tropa, cando de repente estoupou unha furgoneta bomba: BOOM!!!! Morreu el e outro soldado máis. Outros tres quedaron feridos, un de gravidade e dous non tan graves. O máis grave está na base de Afganistán. Ten unha perna rota co músculo ferido. Os outros dous están no hospital de Pontevedra. Un ten un brazo roto e o outro ten as rótulas descompostas. O ferido máis grave non se encontra en condicións para viaxar ata Pontevedra.
2º Parte
O soño de Andrés era vir para o Nadal, pero como el morreu, a súa muller, Chelo, nunca máis volveu a sorrir. Pero tivo unha idea: adoptou un neno de Afganistán. O neno fíxolle moita compañía. Tamén comprou un gato silvestre….pero seguía triste. Tiña pesadelos e sempre estaba chorando.
3º Parte
O neno que adoptou Chelo, como a vía moi triste, pediulle a Santa Claus outro Andrés, pero o seu desexo non se cumpriu. Tamén llo pediu aos Reis Magos, e…nada. A última solución que lle quedaba era pedirllo a Deus e a todos os santos, pero…nada, tampouco funcionou.
- Quero recuperar a Andrés, pero non sei como. Nunca vai volver!- dicía .
4º Parte
O neno quería que Chelo se alegrara e tivo unha idea: facíalle caricias, limpáballe a casa, poñíalle a mesa, conducía o tractor… Como era un bo escultor fíxolle a Chelo unha escultura de Andrés co traxe de militar e outra sen o traxe.
Chelo puxo as esculturas na súa habitación.
Desde aquel día Chelo alegrouse moito.
O neno díxolle:
-Un fogar non é un fogar cando non hai cariño, amor e alegría. Ti es a miña mamá e tes o meu cariño, o meu amor e tamén a miña alegría.

*Este conto fíxenllo en homenaxe a Andrés. El queríalle a todos por igual. Quería aos curmáns, aos irmáns, aos tíos e aos padriños.
Era un soldado exemplar. Non había un brigada máis bo no mundo mundial.
Andrés era o meu curmán político.
Jesús R.

1 comentarios:

Valeria dijo...

Gústame o teu conto.Está moi chulo!Daniel

Publicar un comentario

Fai o teu comentario