header-photo

O soño

O SOÑO

Había unha vez un neno chamado David. El desexaba que fose Nadal dunha vez. Un día, o neno díxolle á nai:
- Mamá, cando chega o Nadal?
- Aínda faltan trinta días, fillo- respondeu a nai.
O neno estivo todo o día na casa encerrado na súa habitación. Ao chegar a noite, a nai berroulle:
- David, ven cear, que hoxe hai leituga e millo fritido.
- Non quero! O que eu quero e que veña o Nadal!
David foi moi triste para a súa cama e ao quedar durmindo tivo un soño moi bonito. Soñou coa neve, cunha gran árbore, co seu belén grande, coas luces, co neno Xesús...No seu soño, David viaxou ata a cidade de Papá Noel e visitou a fábrica de xoguetes. Alí, Papá Noel, ensinoulle as cartas que lle chegaran e entre todas viu que non lle chegara a súa.
- David, ti non tes aquí a carta – dixo Papá Noel.
- Non me acordei de escribila! –exclamou David botando as mans á cabeza.
- Pois tes que escribir a carta, porque se non, non che podo regalar nada.
Chegou a mañá e David despertou do seu soño. Levantouse, lavou a cara e as mans, e preguntoulle á nai:
- Mamá, que lle poñerei á carta que me deu Papá Noel?
- Cando viches ti a Papá Noel?- preguntou súa nai.
- Esta noite tiven un soño e soñei co Papá Noel e co Nadal. Cando despertei, vin que tiña unha carta enriba da miña cama.
- Pero , que dis, neno? Segues soñando?
Súa nai viuno tan contento que xa non lle volveu facer caso. Pero David, si que tiña a carta.
O vinte e cinco de decembro, cando se ergueu da cama, comprobou que todo o que escribira na carta se fixera realidade: a bicicleta, o coche... Pero David tamén escribira outra cousa: quería ter oun irmán pequeño. Ese mesmo día súa nai comunicoulle que ía ser irmán maior.
Eva R.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario