header-photo

O día 29 de maio fomos de excursión pola comarca de Bergantiños. Primeiro visitamos a Ponte Lubiáns. Gustounos moito pasar por ela. A carón do río había bastantes árbores: abeneiros, salgueiros, bidueiros... Despois achegámonos a Baio e vimos as Torres do Allo. Logo, fomos aos Batáns de Mosquetín, onde unha señora moi amable explicounos o funcionamento dos muíños e dos batáns. Despois, collemos cara o dolmen de Dombate , pero non nos deixaron entrar no recinto porque estaban escavando. Máis tarde, chegamos ao castro de Borneiro e Ángel explicounos moitas cousas. O xantar foi na praia de Balarés. De alí, collemos camiño cara o faro de Punta Nariga desde onde podiamos ver as Illas Sisargas. Por último, fomos a un criadeiro de ostras e ameixas en Barizo. Pasámolo moi ben!

Sara C.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario