header-photo

Contos de rapaces

O COELLO VERDE

Había unha vez un coello marrón chamado Pepón. Sempre ía onde estaba o seu avó, chamado Colón, Cristóbal Colón. Coma sempre, este día tamén lle pediu unha cenoria. Pola noite foi dar unha volta co seu amigo chamado Bisbi, e pasárono mo ben os dous xuntos.
Ao día seguinte, Pepón xa sabía que axiña chegaría o Nadal e púxose a escribir unha carta aos Reis Magos.
“Queridos reis magos: Quero un robot de xoguete que fale, cinco cenorias para comer, e QUERO SER VERDE”
Despois foi xogar con Bisbi a facer carreiras de douscentos metros. Ao final gañou Bisbi, e díxolle a Pepón:
- Recorda que mañá é o Nadal.
- Si, xa o sabía. E ti que vas pedir?- preguntou Pepón.
- Trinta e nove cenorias para comer- dixo Bisbi.
- Chao! – dixo Pepón.
- Chao! –dixo Bisbi.
Ao chegar á casa, Pepón viu que non había ninguén e lembrou que foran traballar ao campo. Entón volveu á casa do seu avó Colón; é de seu avó, porque a súa avoa Palmira xa morrera.
Ao día seguinte a Pepón cumpríuselle todo o que el quería e foi o coello VERDE máis feliz de todos os coellos.
Adrián A.

1 comentarios:

Valeria dijo...

Felicidades Adrián de parte de Daniel,gústame o conto.

Publicar un comentario

Fai o teu comentario