header-photo

O coche corredor

Érase unha vez un coche que corría nas carreiras e case sempre quedaba de primeiro, pero ninguén o ía ver, porque gañaba sempre. Entón decidiu parar de correr.
Un día anunciou diante de todos:
- Retírome! Ninguén me vén ver correr! Adeus! No meu sitio deixo un SEAT 600 cun equipo de RENAULTS 7 e son coma os outros coches. Así hai máis emoción!
Aquel día marchou e dedicouse a cultivar pepinos cun coche que se chamaba Pepe Pepinillo. E foi moi feliz cultivando en Laracha.
Suso R.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario