header-photo

Abandonado nunha illa

Un día pola tarde, no 1981, un home quixo viaxar en barco. Cando estaba en alta mar, unha gran ola arrastrouno ata a costa. O home rexistrou toda a illa.
Pasadas unha ou varias horas, atopou madeira e construíu unha cabana. Cando pasaron entre cen e cento vinte días, indo buscar comida coma sempre, atopou un lagarto xigante. Enfrontouse a el pero non lle puido e escapou a fume de carozo para refuxiarse. El pensaba que non había máis animais na illa, pero el que sabía!
Cando pasaron dous días foi armado con todo tipo de armas, pero outra vez o lagarto enfrontouse a el, pero desta vez non correu tanto, caeu nunha trampa e foi parar a unha casa. Nesa casa déronlle comida, roupa e de todo. Cando pasaron un par de días, os homes da casa, dixéronlle:
- Será mellor que quedes aquí porque hai moitos animais xigantes.
Decidiu quedar e os homes déronlle un barco para que buscase a súa casa. E así foi como se librou de todos os animais xigantes e chegou san e salvo á casa.
Martín T.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario