header-photo

O neno espía

Érase unha vez un neno chamado Diego que sempre quixo ser espía. Na escola, durante o recreo, el sempre estaba espiando.
Cando o rapaz cumpriu os nove anos, un día que ía andando pola rúa, viu un cartel que poñía: “ Búscase espía”. Diego levou o cartel onda seu pai.
- Papá, podo ir, “porfa”?
- Vale, podes ir, pero tes que viaxar As Vegas.
- É igual, xa pago eu o billete –dixo Diego.
Colleu o avión e cando chegou As Vegas dixo:
- Buá! Como molan As Vegas! Así que isto é unha escola de espías…
Ao entrar, Diego quedou fascinado ao ver tanta xente.
Diego puxo a roupa que lle deron.
- Bos días. Como te chamas? -dixo un home.
- Chámome Diego.
- Eu chámome Paco.
Ao final da clase, Paco díxolles a todos os alumnos e a Diego:
- Mañá quérovos aquí ás sete da tarde. Hai unha misión moi arriscada.
Ao día seguinte, ás seis e media, Diego estaba diante da porta. Paco deulle roupa especial para espías.
- Temos que ir a México –dixo Paco.
Ao chegar a México, Paco explicoulle o que tiña que facer.
Pasadas seis horas, todos volveron ao mesmo sitio con todas as probas do delito.
- Por fin, podémolos pillar –dixo Paco.
Pasado un tempo, os alumnos de Paco conseguiron pillar aos delincuentes, e Diego chegou a aser o que el quería e algo máis.
Alberto T.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario