header-photo

Por que non teño pai

Ola, chámome Monaguillo e son unha mantis relixiosa. Cando era pequeno non sabía quen era o meu pai, pois non cheguei a coñecelo. Remontarémosnos aos días nos que souben por que non o coñecín:
“Estabamos un día os meus amigos e máis eu xogando ao escondite na praza da vila, tamén todos os pais, agás o meu: o pai de Paulina Cantarina, a cigarra; o de Antón, o saltón; e incluso o de Cirilo, o grilo, que raras veces acudía porque acostumaba ir a súa nai. E foi entón cando me plantexei quen era o meu pai. Pasou a recollerme miña irmá Clarisa, que acababa de vir de facer os preparativos para a súa boda co meu fururo cuñado. Cando chegamos á casa díxenlle a miña nai:
-Mamita, como era papá?
-Sabroso, triscante, un pouquiño salgado, pero rico en fibra -díxome ela- aínda que claro, eu non entendía nin papa.
Quedei pensativo, intentando deducir o que me quería decir con aquelas palabras que retumbaban na miña cabeza. Pero por máis que exprimía os sesos, só me suscitaba máis interese, seguía sen respostas, aínda era unha incógnita.
Deiteime. Custoume moito durmir, mais conseguino. A que non o fixo foi miña irmá, pois mañá era a súa voda. Botou toda a noite limando e lavando a dentadura.
Chegou o gran día. Levounos toda a mañá arreglarnos, aínda que á que menos lle levou foi a miña irmá. Vestiuse de gris, cousa rara, e atou ao pescozo un trapo cun letreiro que poñía: “FELIZ VODA”. Ao chegar á igrexa había moitos conxéneres meus, pero non de meu cuñado. A cerimonia foi curta.
¡ Nese momento vin como miña irmá devoraba ao seu marido! Xa todo tiña explicación:
· Entendín as palabras que me dixera mamá o día anterior. Mirei para a súa barriga pensando que era a tomba de papá.
· Clarisa afiara os dentes e vestírase de gris porque era a súa voda, polo tanto tiña que ir vestida de branco e o funeral do meu excuñado, tería que ir vestida de negro, a mestura de branco e negro é gris. Tamén tiña sentido o pano, pois puxérao para non lixarse.”
Por iso dende esa uninme ao grupo de mantis relixosas, que son tan relixosas que non se poden casar por ser curas.
Pepa A.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario