header-photo

A inconformidade do home

Esta é unha lenda, un relato inventado, que neste caso, trata de explicar a inconformidade do home.
Isto sucedeu hai moitos, moitos anos, tantos que non hai reloxos para podelos contar. Nun fermoso lugar, unha vila costeira, cun mar tranquilo, azul e luminoso, cunhas terras fértiles onde se daba todo o necesario para vivir, había un home que sempre estaba pensativo, triste, illado.... sen case trato cos demais.
Un día, as distintas forzas, elementos da Natureza como o vento, a auga, o carballo, as nubes .... véndoo sempre apenado fórono ver e dixéronlle:
- Home, que che pasa?
- Quero ser o amo do mundo- contestou o home.
- Ningún de nós ten ese poder- dixeron- pide algo que teñamos
- Nese caso quero ter a forza coa que sopra o vento, a delicadeza coa que a auga suaviza os cantos, a resistencia dun carballo, a sabiduría das nubes viaxeiras, os raios abrasadores do Sol e por último a maxestuosidade dunha catedral.
Cada un dos visitantes fóronlle entregando o don que tiña: o vento entregoulle a súa forza; a auga, a súa delicadeza; o carballo, a súa fortaleza; as nubes, a súa sabiduría xa que recorrían moitos lugares e sempre aprendían algo; o Sol regaloulle os seus potentes raios; a catedral, a súa solemnidade.
O home colleu todos eses dons que tanto desexaba e marchou cun leve sorriso na súa faciana. Unha águia que o miraba pensaba para os seus adentros:
- Xa ten todo que pediu.É o ser máis intelixente, pode facer todo e aí vai pouco satisfeito, pouco conforme, pobre home!

Diego V.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario