header-photo

Froitos de outono




Expoñemos froitos de outono


Este ano no colexio de Canosa-Rus, todos os nenos colabaromos traendo froitos de outono. Na nosa exposición temos:



Millo: Pode ter o gran de distintas cores, tamaños e formas: vermello, amarelo, branco.... As espigas vermellas chamámoslle “raíñas” e as que teñen os grans grises e brancos son as "troquesas”. O millo de fóra ten os grans máis apretados e é máis difícil de debullar.



Cabazas: A maioría dos rapaces trouxéronas decoradas con distintos accesorios. Tamén decoraron calabacíns e outras cabaciñas pequenas. Os nenos que levamos as cabazas mellor decoradas recibimos diplomas.

Marmelo: É unha froita semellante á mazá, pero máis dura. Hainos que cocer e engadirlle bastante azucre para elaborar o marmelo. Cando se coce debe botárselle pouca auga para que o doce quede ben sólido.
Néspera: Canto máis madura estea, mellor sabe.

Phisalis: É un froito de cor laranxa cunhas folliñas de arredor. É moi doce.

Cogomelos: Témolos de distintos tamaños e formas. Tamén se lle chama pan de raposo. Danse moito no Moucho, de Berdillo.

Pomelo: O seu sabor é unha mestura de laranxa e do limón.

Caqui: Ten forma semellante ao tomate pero é moi doce. Danse ben en Rus. A árbore froiteira que produce os caquis non é moi grande e ten moita pólas.
Neste tempo está preciosa coas súas follas verdes e os caquis alaranxados.
Pero tamén trouxemos figos, limóns, uvas, granadas, noces, abelás, fabas, laranxas,...
Que bonito! Que colorido!

Andrea P. , Lidia C. e David P.


0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario