header-photo

Visitamos un muíño


Os nenos de primeiro e segundo fomos visitar un muíño tradicional no lugar do Val, en Rus.
Ensinounos como funcionaba a señora Nieves, a avoa de Javi, de primeiro.
As partes máis importantes do muíño son: a canle, o rodicio, a capa , o pé, a maseira e a canaleta.
A auga do regato pasa por unha canle e fai mover o rodicio.

O rodicio, ao xirar, fai mover tamén a capa que roza sobre o pé.
O gran bótase na maseira ou moega, e vai pasando pola canaleta ata caer no ollo da capa e entre esta e o pé móese o millo ou trigo. Se subimos un pouquiño a capa, a fariña queda máis viva, e se están as dúas pedras moi xuntas, a fariña queda máis munda.
Raúl e Noemí levaron un pouquiño millo a moer, e a señora Nieves deulles a fariña para levar para a súa casa. Que ben o pasamos!
Despois de visitar o muíño, habemos de ir facer pan a panadería Isolina, en Coristanco.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario