header-photo

Visita á panadería Isolina




E seguimos coa visita...


MAQUINARIA:
As máquinas que se empregan na nosa panadería son:

Amasadora: Componse dunha cubeta de aceiro inoxidable na que se verte a fariña , o sal e a auga. Esta cubeta xira sobre si mesma e uns brazos colocados no interior fan o movemento de levantar a masa e rompela. Este proceso dura aproximadamente uns 30 minutos.

Cubetas: Son uns depósitos de madeira que permiten que a masa repouse despois do amasado. Para que colla corpo e a levadura empece a traballar, necesitaremos temperaturas quentes para que o pan saia en óptimas condicións.

Mesa: Deberá ser tamén de madeira. Aquí cortamos a masa en pezas máis pequenas para que vaian a divisora ou ben formamos os moletes e bolas que non necesitan máquina para o seu formado.

Divisora: Esta máquina componse dunha cubeta de aceiro, onde se deposita a masa para o seu cortado. Arriba ten unhas “cuchillas” que baixando unha panca cortan a masa en porcións exactamente iguais.

Formadora de barras: Esta máquina só se utiliza para o formado de barras ou chuscos. Componse de dous rolos que estiran a masa e unha cintas que a envolven e dan forma.

Carro de fermentación: Componse dunhas táboas de madeira dentro dun armario onde a masa volve a repousar para a súa fementación. Pode estar dunha a dúas horas dependendo da peza de pan que elaboremos.

Cargador automático: Componse dunha cinta movida por un mecanismo eléctrico que carga o pan das táboas onde fermenta para depositalo dentro do forno.

Forno: Componse dun sistema de tubos que fan circular a auga por un circuito cerrado. Este circuito percorre todo o interior do forno. O solo é de pedra, onde se pousa o pan para a súa cocedura. Abaixo ten unha “hornilla” onde se pode queimar leña para quentalo ou ben colocar un queimador de gasóleo. O fume nunca tocará o pan nin o interior do forno. O pan cócese a 220º-240 º C durante unha hora aproximadamente. Isto dependerá do tamaño da peza ou ben da elaboración que teña.

Agardo que os nenos pasaran unha mañá agradable na nosa panadería xa que nós estamos moi orgullosos de ensinar como se elabora o pan artesanalmente e que así non se perda esta tradición.
Un saúdo a todos. Agardo vervos axiña!!!!

Juan.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario